O alumnado de Tahume IX acondiciona as zonas verdes das escolas de Caamaño e Carballosa

14 Maio 2024

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume (edición IX), impulsado polos Concellos de Porto de Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación dos ditos municipios que se atopa en situación de desemprego, proseguiu neste ecuador do mes de maio a súa formación práctica. En concreto, as e os estudantes do módulo de viveiros e xardíns acondicionou as zonas verdes da EEI de Caamaño e da EEI de Carballosa. As tarefas a desenvolver incluíron a plantación de moreiras.

A maiores, o alumnado de Tahume estivo a traballar este mes de maio no acondicionamento do parque periurbano de San Roque, en Ribeira, e no mantemento do céspede do Campo de Fútbol da Fieiteira, tamén en Ribeira. Ademais, as e os participantes na modalidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes realizaron melloras nos camiños na parroquia de Baroña e o alumnado da modalidade de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería puxo a punto as zonas verdes do Centro de Día de Porto do Son.

As especialidades impartidas nesta convocatoria de Tahume son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alumnado da novena edición de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor.

Os días pasados ambos Concellos (Porto do Son e Ribeira) confirmaron que van seguir xuntando forzas para dar continuidade ao Obradoiro de Emprego cunha nova edición do mesmo, Tahume X.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.