En Rianxo prosegue o labor de acondicionamento de infraestruturas e espazos de lecer

03 Febreiro 2021

O Concello de Rianxo, a través do departamento de Obras e Servizos Municipais, compartiu nas redes diversas actuacións que se están a desenvolver no termo municipal para o acondicionamento de inmóbeis, infraestruturas ou espazos naturais.

Entre os elementos onde se estivo a traballar para a súa posta a punto atópanse as marquesiñas das paradas de autobús de Outeiro (O Araño) e Corques (Taragoña), onde se procedeu á reposición dos cristais; ou as contornas das fontes de Outeiro e Barral, que foron limpadas e acondicionadas para o seu uso por parte da veciñanza.

Asemade, desenvolvéronse traballos de poda no patio do Colexio Castelao e leváronse a cabo traballos, en colaboración coas veciñas e veciños, para ampliar a rede municipal de auga na zona de Taragoña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...