A Deputación subvencionará a adquisición de vehículos para os clubs de remo e piragüismo

26 Xaneiro 2021

A Deputación da Coruña subvencionará con 250.000 euros a adquisición de vehículos para os clubs de remo e piragüismo da provincia da Coruña. A deputada de Deportes, Cristina Capelán, sinalou que “isto se publicará no Boletín Oficial da Provincia a vindeira semana e que permitirá a dez entidades destas disciplinas deportivas renovar os seus vehículos”.

A convocatoria atende a unha demanda de 40 clubs de remo e piragüismo da provincia da Coruña, xa que lles resulta imprescindíbel contar cun vehículo axeitado para transportar as súas embarcacións e poder adestrar e participar en competicións deportivas. Ademais, dito chamamento contará cun orzamento de 125.000 euros para cada modalidade. Os vehículos adquiridos polas entidades deberán ser novos e cun custe mínimo de 31.250 euros e un máximo de 50.000. A Deputación subvencionará ata o 80% do custe total de adquisición das furgonetas, é dicir, 25.000 euros como moito por vehículo.

A Deputación terá en conta criterios coma o número de deportistas federados ou a cantidade de menores de 18 anos que practican o deporte. Tamén as actividades que se realizan e a antigüidade do vehículo do que xa dispoñen, así como o uso deste vehículo.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.