Protección Civil de Porto do Son desinfecta zonas críticas do concello

22 Xaneiro 2021

Os operarios de Protección Civil de Porto do Son proseguen co seu labor incansábel para pór freo á presenza de COVID no termo municipal, facendo fincapé nas zonas máis concorridas ou vulnerábeis. Segundo informou o Goberno local, estes días os traballos de desinfección puxeron o foco nas áreas urbanas próximas aos centros de saúde, farmacias, prazas, rúas de máxima afluencia, a ludoteca e máis o propio Consistorio.

O Concello tamén explicou que debido aos avisos meteorolóxicos, os traballos previstos para a madrugada deste 22 de xaneiro tiveron que adiarse co fin de permitir que o grupo local de Protección Civil se centrase nas incidencias derivadas do temporal.

Outros artigos

Porto do Son celebra a XXII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores

Mais de 700 veciños do Son particiaron este domingo na XXII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores. A xornada organizada polo concello iniciouse cunha misa na igrexa de San Vicente de Noal no que cantou o Coro Parroquial de Porto do Son. Posteriormente celebrouse o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...