En Boiro seguen baixando os casos activos da COVID-19

11 Xaneiro 2021

Esta mañá celebrouse a Comisión semanal da Evolución da Covid-19, para determinar os efectos da pandemia no municipio e tomar decisións relativas as medidas que se levan a cabo para o control da situación epidemiolóxica.

O numero de casos activos no municipio seguen en descenso, pero a
incidencia acumulada segue sendo elevada, polo que o municipio continua no nivel máximo de restricións e con peche perimetral. No relativo as
competencias municipais, as actividades culturais e deportivas seguen aprazadas e as instalacións municipais seguen pechadas, agás as instalacións deportivas de exterior para a practica de deporte federado e previa autorización do departamento de deportes. O mercado semanal dos martes esta tamén cancelado ata que mellore a situación epidemiolóxica.
O servizo municipal de Protección Civil continua coas desinfeccións diarias e baldeos periódicos dos núcleos mais concorridos do municipio, tales
como proximidades de comercios e supermercados. Os operarios municipais prestan tamén asistencia de recollida de lixo a persoas confinadas por positivo en Covid-19 e outras necesidades das familias derivadas dende o departamento de Servicios Sociais.
A Policía Local mantén a vixilancia e control da poboación para que se
garantan as restricións impostas polas autoridades sanitarias. Nos últimos dias interpuxéronse cinco novas denuncias, 4 delas por incumprimento do toque de queda e 1 polo uso indebido de mascara de protección. Dende que o municipio entrou no nivel máximo de restricións, interpuxéronse un total de 41 sancións.

Na Comisión estiveron o alcalde, José Ramón Romero, a coordinadora de servicios sociais, o coordinador de Protección Civil, e o oficial- xefe da Policía Local.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.