A ABE pechou o ano con 80.000 rascas repartidos na Campaña de Nadal

08 Xaneiro 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE), co fin de contrarrestar un 2020 cheo de complexidades e atrancos para a actividade económica do concello, fixo un esforzo especial estes meses para pechar o ano con boas novas. Entre as iniciativas feitas especificamente para compensar o negativo de 2020 figura sen dúbida a Campaña de Nadal impulsada pola ABE coa colaboración do Concello, que segundo fai saber a entidade empresarial, resultou ser un éxito de participación.

“Nun momento no que parece que vemos todo negro ou cando menos en tons grises, queremos trasladar unha mensaxe de esperanza baseada nas nosas últimas experiencias e nas campañas que veñen de rematar”, sinala a directiva da ABE, engadindo que a Campaña de Nadal que vén de rematar repartiu “nada máis e nada menos que 80.000 rascas”. Esta cifra, explica a asociación, “dá unha proxección de volume de negocio de mais de 1 millón de euros”, que guinda como resultado “unha campaña á altura dos mellores anos”.

Ao devandito dato cómpre sumar a entrega de máis de 3.000 premios directos, doutros 3 premios nas campañas online e de 3 máis para os mellores tempos en resolver o Escape Room dos escaparates da ABE. A maiores, o luns efectuarase o sorte do #sueldazoabe, con 300 € durante 6 meses para a persoa beneficiaria.

O capítulo de boas novas non remata aí, posto que xa foron vendidos bonos agasallo da ABE (tanto para aguinaldos de empresa como a particulares que os achegaron a familiares e amigos como agasallos de Nadal) por valor de 22.675 €. “Todo ese importe revirte íntegro nas empresas asociadas”, explica a asociación.

A maiores, a ABE acadou un récord en solicitudes de subvencións presentadas, que foron 70, das cales conseguiuse a cifra moi salientábel de 65. Estamos a falar de 245.000 € en axudas directas ao tecido empresarial local.

A entidade acadou outro récord en cuestión de novas altas, que este ano foron 30, “un incríbel crecemento que nos reforza para seguir traballando aínda se cabe con mais ganas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.