Boiro acollerá a campaña contra o furtivismo de traxe de baño

09 Agosto 2019

20190809. Os areais boirenses inclúense dentro da campaña ‘Non sexas pirata!’ posta en marcha pola Xunta de Galicia o pasado 17 de xullo e que se estenderá ata o 31 de agosto, a cal ten por obxectivo loitar contra o coñecido como ‘furtivismo de bañador’, é dicir, a extracción ilegal de marisco. Así, a iniciativa desenvolverase na praia de Barraña o domingo 11, mentres que na de Carragueiros será o luns 12.

O Goberno galego impulsou esta campaña baixo o lema ‘Á praia vense a gozar, non a saquear!’ para concienciar sobre a ilegalidade que supón extraer marisco sen permiso de explotación, ao tempo que se pon en valor a importancia do sector marisqueiro, chegando a aqueles areais con máis visitantes e que contan cunha maior produción marisqueira de Galicia.

Ademais de información nos dous puntos, realizaranse xogos educativos cos que se pretende familiarizar ao público xeral coa actividade marisqueira, transmitir a importancia económica e social do sector en Galicia, dar a coñecer a importancia de realizar o traballo de extracción de forma respectuosa e durante todo o ano para garantir a súa sostibilidade, así como informar sobre as consecuencias do marisqueo furtivo.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.