A campaña contra o furtivismo de traxe de baño chega a Boiro, Ribeira e Pobra

31 Xullo 2019
Vista aérea da praia e Castro-Catía no concello de Ribeira

20190731 As praias da comarca do Barbanza van estar entre os obxectivos primordiais da campaña Non sexas pirata! para este mes de agosto, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para loitar contra o que se vén coñecendo como “furtivismo de bañador”, ou sexa, a extracción ilegal de marisco. A idea é actuar sobre os areais que contan con maior produción marisqueira e, ao mesmo tempo, con maior número de visitantes. En total, até o 31 de agosto actuarase en 45 praias galegas. Inclúense, os vindeiros días, o Castro-Catía e Coroso, en Ribeira; O Areal na Pobra; Barraña e Carragueiros, en Boiro. Tamén se farán accións de sensibilización en Boa Grande, en Noia, e en San Francisco e Parameán, en Muros.

A campaña da que forman parte estas iniciativas de concienciación busca implicar a todas as partes na loita contra a problemática do furtivismo de traxe de baño mediante a posta en valor do labor dos mariscadores e mariscadoras e o chamamento á responsabilidade de cada bañista. A este traballo de concienciación súmase o que desenvolve o Servizo de Gardacostas de Galicia cos corpos e forzas de seguridade do Estado, que cada verán realizan unha media de máis de 500 inspeccións nas praias galegas que se chegan a saldar cunha media de arredor dunha tonelada de marisco comisado.

Segundo explica o Goberno galego, as accións que inclúe a iniciativa consisten nunha dinámica de xogo educativo que pretende amosar o traballo que hai arredor do marisqueo e dos profesionais desta actividade. Nelas explícanse aspectos sobre as especies autóctonas de marisco, a importancia de respectar o traballo dos profesionais do marisqueo e a dureza deste labor. Tamén se expoñen diferentes labores que realizan as mariscadoras e os mariscadores como as sementeiras e a limpeza e cuestións sobre os talles mínimos. A gastronomía, a seguridade alimentaria e a rastrexabilidade tamén se abordan de xeito ameno e práctico nas actividades da campaña.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.