Presentada unha aplicación para facilitar o control dos aforos aos espectáculos

17 Decembro 2020

A Secretaría Xeral para o Deporte e a Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) presentaron este xoves unha aplicación dixital para o control de aforo e accesos aos recintos deportivos. Segundo fixo saber o secretario xeral Lete Lasa, a ferramenta supón “un novo paso na loita contra o COVID-19 que volve poñer de manifesto a intelixencia e a capacidade de actuación do noso tecido deportivo diante das complicacións propias de reactivar a competición no medio dunha pandemia”.

A aplicación foi presentada pola empresa galega Cluber e permitirá simplificar o control sobre os límites de aforo fixados no DOGA para a celebración de espectáculos deportivos (500 para lugares pechados e 1.000 aire libre para os niveis básico e medio e 250 e 500 para os niveis medio-alto e máximo).

Segundo fixeron saber, a ferramenta achega ás federacións un sistema de xestión integral dos accesos e capacidades dos recintos deportivos, posibilitando que todo o proceso, dende a compra das entradas até o control de acceso no recinto, “poida realizarse sen contacto físico, minimizando os riscos”. O sistema tamén incorpora un apartado para o control en tempo real da asistencia en calquera tipo de recinto, e fa posíbel, “como gran novidade”, a supervisión despois do evento, “xa que permite acceder a información recompilada a Administración, coa posibilidade de obter informes automáticos cos datos dos asistentes se fosen necesarios para realizar un posible rastrexo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.