En Ribeira os concursos de fachadas e escaparates e de hostalería xa poden recibir propostas desde este domingo

12 Decembro 2020

O Concello de Ribeira informa de que desde este domingo principia o prazo para quetodas as persoas interesadas poidan presentar as súas propostas
para dous dos certames de Nadal organizados: o concurso de decoración de fachadas, balcóns e xardíns e o concurso de decoración de locais hostaleiros e escaparates.
No primeiro dos certames, cómpre enviar entre mañá e o 20 de decembro unha fotografía coa decoración de Nadal a culturaefestexos@ribeira.gal xunto coa ficha de datos cuberta que se pode descargar na páxina web www.ribeira.gal. Todas as creacións publicaranse na páxina de facebook do EntérateCulturaFestexos e as tres máis votadas ata o 8 de xaneiro serán premiados con 300, 210 e 120 euros en vales de compra no comercio local. As decoracións deberán seguir expostas dende o 19 de decembro ata o 6 de xaneiro.
Polo que se refire ao concurso de escaparatismo e decoración da hostalería establécense tres premios por modalidade de 300, 200 e 100 euros. Os participantes tamén deberán enviar unha fotografía coa súa decoración coa ficha de datos cuberta, neste caso a turismo@ribeira.gal, do 13 ao 20 de decembro.Ao igual que no caso anterior, serán colgadas no facebook do Entérate e recibirán gústames ata o 8 de xaneiro para escoller ás tres galardoadas encada categoría.


Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...