“Unha inxección de ánimo para as confrarías”. Antón Luaces

14 Novembro 2020

As confrarías de pescadores  deberán empregar todas as posibilidades existentes para poderen acceder ós fondos comunitarios a través da creación de organizacións de produtores.

Así o dixo a secretaria xeral de Pesca, a coruñesa Alicia Villauriz Iglesias, no decurso do VI Congreso de Pesca Artesanal do Cantábrico Noroeste, no que comprometeu para elo o apoio, como ata o de agora, da Administración central dado o importante labor económico e social que os pósitos desempeñan.
Os representantes das confrarías das comunidades do Cantábrico, co presidente da Federación Nacional de Cofradías de pescadores, Basillio Otero, ao fronte, amosaron ás distimntas administyracións impllicadas (Secretaría General de Pesca, Instituto Social de la Marina, Marina Mercante e comunidades autónomas) as conclusións da primeira xornada deste Congreso, celebrada o pasado 30 de outubro coa participoación exclusiva do sector artesanal. 
A secretaria xeral de Pesca adiantou que vai revisar os termos do réxime sancionados da actual Lei 3/2002 de Pesca Marítima, para levar a cabo una maior racionalización normativa e establececer un sistema proporcional de sancións. Dáse como mjoi probable que esta modificación facillite un maior aproveitamento destes Foindos, pero dentro do obxectivo último de garantir o exercicio dunha pesca sustentable a longo prazo. España, amáis, da pulo nos fondos de negociación do futuro Fondo Europeo Marítimo da Pesca e Acuicultura (FEMPA) que se permita manter as axudas ao almacenamento, unha vez demnostrada a súa utilidade para afrontar situacións de carácter extraordinario como a vivuida este ano pola pandemia de coronavirus.
En relación ás posibilidades de pesca para o ano 2021, Alicia Villauriz deu azos no senso de que a reunión que esta semana celebrara a ICCAT confirme o incremento da cota para o atún branco (bonito) dada a contrastada boa situación biolóxica do stock, algo que o propio sector sector pesqueiro tiña confirmado.  

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión