O BNG reclamou en Ponte Nafonso mellorar a calidade da auga e preservar a produción marisqueira

02 Novembro 2020

O portavoz do BNG de Noia, Ricardo Suárez, visitou a semana pasada Ponte Nafonso xunto coa deputada Rosana Pérez, o presidente de Plademar Pablo Silva e portavoces do BNG no resto de concellos da comarca. Na rolda de prensa presentouse a iniciativa parlamentaria do Bloque Nacionalista Galego por un Plan Integral de Saneamento das augas que afectan á Ría de Muros e Noia, tanto nos concellos da ría coma nos 22 concellos polos que transcorre a bacía do Tambre.

Os nacionalistas aproveitaron para facer novamente un chamamento a prol de incrementar os investimentos en infraestruturas e depuración de augas residuais, co “obxectivo de seguir mellorando a calidade da auga e preservar a produción marisqueira”.

Na rolda tamén puxeron de manifesto que non se ten noticia “do plan director para rematar co saneamento integral do Concello de Noia” malia ter un prazo de nove meses e que xa pasou máis dun ano dende que a Xunta informou do comezo dos traballos.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...