O BNG de Ribeira propón establecer medidas de calmado de tráfico

24 Outubro 2020

O Bloque Nacionalista Galego ribeirense defenderá no vindeiro pleno unha iniciativa na que pretenden implantar medidas de calmado de tráfico en Ribeira, nomeadamente naquelas vías máis transitadas e nas que se detecta excesos de velocidade.

O concelleiro Luís Pérez Barral, exemplificou a iniciativa co que acontece na Avenida de Ferrol (AC-550), un dos principais accesos a Ribeira desde a rotonda de Xarás cun fluxo de tráfico moi importante. Segundo Pérez Barral “malia que o tráfico é constante, non é estraño ver como moitos vehículos circulan a unha velocidade maior da máxima permitida que é de 50 km/h”. Argumenta que dita estrada atravesa núcleos urbanos cunha gran densidade de poboación como son Deán e Padín, polo que ven necesario tomar medidas que melloren a seguridade viaria dos catro pasos de peóns que hai no trazado tanto para as persoas que se desprazan en vehículos como para as persoas que o fan a pé.

Pérez Barral defendeu o modelo do BNG por ser coñecido polo seu éxito, compromiso firme coa accesibilidade e a seguridade viaria dos veciños e veciñas mediante o calmado de tráfico que xa se leva a cabo en moitas vilas de Galiza e cunha cidade como Pontevedra de referente mundial na posta en marcha deste tipo de medidas de maneira favorábel. “Os datos demostran que a posta en marcha destas actuacións van no bo sentido pois xa son nove anos sen mortes por atropelos e reducíronse os accidentes graves” asegurou.

Desde o BNG cren que en Ribeira se deberían poñer en marcha medidas de calmado de tráfico naquelas zonas nas que se rexistran velocidades inadecuadas e perigosas para a seguranza viaria. Un claro exemplo son os pasos de peóns que están máis próximos á rotonda de Padín, os da Avenida da Coruña ou en estradas de Carreira e Aguiño, nos que se rexistra o paso de vehículos a velocidades inadecuadas. O calmado de tráfico nesta zona suporía beneficios claros tales como; redución do risco de morte por atropelo pasando do 50% a 50km/h ao 10% se a velocidade é de 30km/h ou a redución de ruído e da contaminación producida polos vehículos.

Por todo o exposto anteriormente o BNG quere que a Corporación Municipal aprobe os seguintes acordos:

1. O Concello de Ribeira insta á Xunta de Galiza a poñer en marcha medidas de calmado do tráfico na avenida de Ferrol mediante a instalación de pasos de peóns elevados, con especial incidencia nos dous máis próximos á rotonda de Padín.

2. O Concello de Ribeira, a través da Policía Local, garantirá a seguranza viaria mediante a intensificación das medidas de control e vixilancia nas estradas nas que se detecte o incumprimento reiterado dos límites de velocidade.

3. O Concello de Ribeira desenvolverá un modelo urbano baseado nunha mobilidade sostíbel, prioridade peonil e de accesibilidade universal nas obras de reforma que se fagan nas estradas e rúas do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...