A Policía Local de Ribeira vén de abrir dilixencias para un xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria a un condutor que circulaba sen permiso por perda de todos os puntos do carné, ademais de carecer
de seguro e dar positivo por drogas.
A incidencia aconteceu a madrugada pasada (en torno ás cinco da mañá) na avenida da Coruña. O individuo en cuestión deu positivo en cocaína e anfetaminas, ademais de constatarse que tiña perdidos os puntos totais asignados legalmente no seu carné de conducir. O vehículo foi inmobilizado e retirado pola grúa municipal.
María Sampedro enxalza a figura de Miguel Ruiz na celebración da XXVII Carreira Popular Santa Uxía
Hugo García e Sara Castillo coróanse nesta proba na que participaron preto de 500 deportistas O ouro na absoluta local foi para Zaira Iglesias e Alberto Riveiro A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, puxo esta tarde en valor a figura de Miguel Ruiz coma “amigo,...


