O Son despexa acumulacións ilegais de lixo e advirte de sancións para quen non se desfaga correctamente dos seus enseres

06 Outubro 2020

O Concello de Porto do Son declarou á guerra aos vertidos ilegais, ao uso incorrecto dos contedores de lixo e ás acumulacións de enseres que poñan en risco o medio ambiente e mesmo á cidadanía. Esta liña de acción, impulsada pola Concellería de Medio Ambiente, materializouse estes días pasadas nunha recollida masiva de refugallos nas zonas infestadas de lixo de toda índole, deixada en lugares inaxeitados (fóra e arredor dos contedores) malia as moitas facilidades que pon o Concello para a recollida e xestión correcta dos mesmos (incluído o punto limpo móbil itinerante de cuxa presenza infórmase puntualmente nas redes).

A estes labores de limpeza súmase a iniciativa prevista para a xornada deste martes 6 de outubro, cunha nova recollida de enseres e residuos de tipo electrónico e eléctrico (RAEE). “Con isto”, informa o Concello, “agardamos que estes puntos que vimos de despezar prevalezan inalterábeis no tempo, se non fora así verémonos na necesidade de actuar con todo o peso da lei”, advirte, poñendo o punto de mira sobre a cidadanía que decida desfacerse por libre dos seus refugallos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.