En Ribeira identificado un cidadán que estaba lanzando enseres dende o balcón dun terceiro piso

21 Setembro 2020

A Policía Local informa de que un cidadán foi identificado logo de que na tarde de onte fose sorprendido arroxando enseres dende o balcón dun terceiro piso na rúa Pérez Galdós. A colaboración cidadá resultou decisiva á
hora de ter coñecemento desta conduta incívica e formularase a
correspondente denuncia.
Ademais, tamén na fin de semana abríronse dilixencias para un xuízo rápido a un condutor que non superou a proba de alcoholemia nun
control policial, en tanto que outro vehículo foi inmobilizado por
carecer de seguro (tivo que ser retirado con grúa).
Por último, cómpre advertir tamén de que se procedeu a formular
denuncia a un establecemento hostaleiro da cidade por incumprimento do horario de peche.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.