O humorista David Amor leva ao Son o seu espectáculo Love is in the air

16 Setembro 2020

O humorista e deportista galego David Amor estará o 3 de outubro en Porto do Son para presentar o seu espectáculo Love is in the air. A cita, que terá o aforamento limitado, será na Casa da Cultura ás 20.30 horas e as entradas poranse á venda este 22 de setembro no mesmo emprazamento.

O espectáculo, que forma parte do programa Cultura No Camiño, consiste nunha serie de divertidos monólogos para público adulto, no que o humorista de Salceda de Caselas fala das súas novas inquietudes sen deixar de lado unha das súas últimas paixóns, os aeroportos.

Tera unha duración de 80 minutos e preséntase como unha oportunidade para, en palabras do propio David Amor, “coñecer ao detalle toda a grella televisiva sen tocar o noso mando, amais de descubrir o porqué de que a xente pase sede nun aeroporto ou o porqué de que o humorista nunca poida ser Rafa Nadal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.