Sae do prelo o achegamento á nosa época castrexa do sonense Martín Fernández Calo

09 Setembro 2020

Os días pasados saíu da imprenta a obra de investigación Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa, de Martín Fernández Calo (Porto do Son, 1990). Trátase, como lembraremos, da contribución gañadora da XII edición do Premio de Ensaio Manuel Murguía da Deputación Provincial da Coruña. O seu autor, nesta pormenorizada investigación, reivindica o pasado castrexo da nosa terra e a integridade como suxeito do noso pobo, poñendo o foco na institución de principes na Callaici da Antigüidade, cun amplo marco comparativo no eido xeográfico europeo. O xurado do devandito premio destacara no seu día “o rigor e claridade expositiva” da obra, que ten o mérito de botar luz nun contexto histórico ateigado de sombras, aínda: o rexistro material de época castrexa.

Martín Fernández Calo naceu en Porto do Son en 1990 e forma parte da última xeración de licenciados en Historia (USC, 2013). O seu ámbito de investigación céntrase na historia socio-política, institucional e eclesiástica da antiga provincia romana da Gallaecia, os seus antecedentes pre-históricos e o seu legado tardo-antigo e medieval.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.