Boiro enfía o final de agosto con circo, teatro e música tradicional

24 Agosto 2020

O grupo A Panadaría representará Elisa e Marcela en Boiro

Boiro apostou forte este verán por posibilitar a continuidade da cultura e o lecer para a cidadanía, ao tempo que fixo un esforzo especial en asegurar as mellores condicións sanitarias e en ofrecer unha axenda o máis variada posíbel. O menú desta semana entrante é un exemplo de todo isto mes. Comezamos este luns 23 coa Gran Gala de Circo diante das escaleiras da Casa da Cultura, a partir das 21.30 horas. Trátase dun espectáculo de cabaré, novo circo, acrobacias e humor a cargo da compañía Pistacatro. A reserva de entradas para o espectáculo pode facerse no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org antes das 13.30 horas do luns ou no mesmo momento do espectáculo por orde de chegada.

O 28 de agosto proseguen os espectáculos para as familias da man da Tropa de Trapo, que achegará, no Lavadoiro de Bao, contos de nenas e grandes e pequenas para todos os públicos. Será ás 12.00 horas. Segundo informa o Concello, o aforo é limitado e será necesario facer a inscrición previa no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ata o xoves ás 13.30 horas ou no mesmo momento do espectáculo por rigorosa orde de chegada.

A historia do primeiro matrimonio entre mulleres celebrado na nosa terra é o fío argumental de Elisa e Marcela, o espectáculo que ofrece A Panadaría o 28 de agosto na Casa da Cultura de Boiro, a partir das 21.30 horas. Será unha representación teatral para maiores de 12 anos. Novamente o aforamento será controlado e restrinxido. As entradas poden reservarse no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ata o venres ás 13.30 horas ou no mesmo momento do espectáculo por rigorosa orde de chegada.

Ao día seguinte (29 de agosto) celebrarase ás 21.00 horas un espectáculo de ballet a cargo da Asociación Amas de Casa de Boiro, na Casa Consistorial. De novo as persoas interesadas terán que inscribirse previamente no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ata o venres ás 13.30 horas ou no mesmo momento do espectáculo por rigorosa orde de chegada.

O domingo 30 será a quen da música tradicional coa nova edición do Serán con Xilbarbeira, a partir das 20.30 na aldea de Bealo. Será preciso, para acudir, facer a inscrición no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ata o venres ás 13.30 horas ou no mesmo momento do espectáculo por rigorosa orde de chegada.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.