A plataforma a prol da alternativa á variante de Ribeira defende o menor impacto económico e ambiental da súa proposta

17 Xullo 2020

Proxecto alternativo de estrada de circunvalación para Ribeira

A plataforma de propietarios afectados polas expropiacións pola variante de Ribeira, da que falamos en xuño dende este mesmo medio, compartiu con nós un pasquín informativo no que fan saber, de xeito gráfico e sintetizado, as razóns polas cales consideran que o proxecto oficial de circunvalación non é o máis axeitado para facilitar as comunicacións no concello e na cidade. No novo comunicado reflicten con detalle as características do trazado alternativo que propoñen e que foi deseñado polo enxeñeiro rianxeiro Alejandro Piñeiro Lema, unha contribución (o seu proxecto fin de carreira) que foi galardoada co Premio Ovisa.

Segundo insisten os membros da comisión, “Ribeira merece unha estrada de circunvalación que cumpra cos seguintes requirimentos”: que permita o desenvolvemento integral da cidade e a creación de novas zonas urbanizábeis; que posibilite un tráfico máis fluído co menor impacto ambiental; que sexa económica, “tal e como se recolle no proxecto de enxeñaría que aportamos”, sinalan, recalcando que esta proposta alternativa de circunvalación obtivo o Premio Ovisa en 2018 logo de ter obtido a cualificación de sobresaliente.

O trazado oficial da variante

Respecto do último punto, o do menor custe, lembran que o investimento que se deriva deste proxecto é de algo máis de 8 millóns de euros, menor que o de case 9,5 millóns da proposta inicial. Isto, recordan, débese en parte que a variante defendida polo Concello e a Xunta discorrería por un meirande número de fincas urbanizábeis, “encarecendo o custe e minimizando as opcións de medre urbanístico da cidade”.

A plataforma, pola contra, insiste en que “a estrada variante oficial” é “un parche aos problemas de Ribeira” que “utiliza treitos de estradas xa existentes que teñen excesiva pendente”, que “limita o crecemento integral de Ribeira”, que “incrementa o tráfico rodada nas Casas Baratas e nas Abesadas”, que “necesita mover 332.000 metros cúbicos de terras, co consecuente impacto ambiental”, e que “ten maior custe económico”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.