O Concello de Ribeira celebra o Día da Danza cunha clase aberta no Malecón, este 28 de abril

27 Abril 2024

A concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou xunto a Francisco Muñiz, do Taller Alecrín, a actividade que se celebrará en Ribeira o vindeiro 28 de abril ás 18:00 no Malecón con motivo do Día Internacional da Danza.

Segundo explicou Francisco, o propósito do evento é a promoción do baile social e a educación na danza, “cunha mestura de tódolos ritmos do baile en parella”.

A actividade consistirá nunha clase aberta cunha serie de propostas de coreografías na que tamén terán cabida a improvisación e os xogos. “Escoitaremos pasodobres, rumba, merengue, polca, swing ou bachata”, informou Muñiz.

Para máis información sobre o evento pódese contactar no teléfono 698150432. No caso de choiva, a actividade trasladarase á carpa municipal. “Este equipo de Goberno ten como propósito facilitar o asociacionismo e colaborar con entidades culturais locais para organizar eventos e actividades”, destacou a concelleira Antía Alberte.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...