En Artes os irmáns Juan e José Paz Pérez, reciben a emotiva homenaxe póstuma pola súa contribución ao Centro Recreativo da parroquia

28 Abril 2024

 Artes celebrou un acto de recoñecemento a Juan Paz Pérez como un dos socios fundadores do Centro Recreativo de Artes e ao seu irmán Pepe Paz Pérez, socio de honra e persoa involucrada coa parroquia.

En gratitude polo labor que fixeron, descubriuse unha placa de madeira feita polo artesán José Sánchez dos Santos.

No acto estiveron presentes a súa familia (na imaxe os fillos e fillas de Juan e Pepe), membros da Corporación Municipal, directiva do Centro Recreativo e veciñanza.

Foto Concello

Un emotivo acto de homenaxe tivo lugar na tarde do venres no Centro Recreativo de Artes, situado en Sego, en memoria de Juan Paz Pérez, quen foi o seu presidente fundador en 1980 e faleceu fai once anos, e do seu irmán José Paz Pérez, distinguido socio de honra falecido hai un ano. O evento contou coa presenza de máis de 200 persoas, incluíndo ás fillas dos homenaxeados, Pura Paz Santos e Pura Paz Martínez, o alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, e Manuel Reiriz Deus, actual líder da entidade, acompañado da súa secretaria e tesoureira, Rosa Orellán Santos e María Dolores Sampedro Tato.

O presidente actual destacou o papel fundamental de Juan Paz no desenvolvemento da entidade, así como a contribución significativa do seu irmán José. Lembrou como un grupo de mozos veciños, incluíndose el mesmo, uníronse para impulsar Artes nos seus inicios. O alcalde tamén compartiu o seu vínculo persoal coa parroquia, onde pasou parte da súa infancia.

As palabras máis conmovedoras viñeron das fillas dos homenaxeados, quenes evocaron o amor dos seus pais por Artes e a súa dedicación á comunidade. José Manuel Parada Paz, neto de José Paz Pérez, tamén ofreceu un emotivo recordo. O evento incluíu actuacións musicais e culminou coa inauguración dunha placa conmemorativa no vestíbulo, seguida dun pequeno ágape para os presentes.

Foto Concello

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.