O Obradoiro Tahume XI traballa na organización das cuartas xornadas de emprendemento

19 Novembro 2026

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, xa na organización das cuartas xornadas de emprendemento para ofrecer ao alumnado participante unha visión do mercado laboral no sector forestal e de carpintería e as opcións de crear o seu propio negocio.

Trátase dunha iniciativa que levan a cabo na aula dentro do módulo de Xestión de Empresas coa finalidade de que “valoren tamén a opción de aventurarse no mundo do emprendemento como outra saída laboral que é posíbel coñecemento a situación actual dos sectores nos que se están formando. Neste programa adquírense coñecementos de maneira teórica e práctica e queremos que, unha vez rematen, teñan máis ou menos encamiñado o seu futuro profesional”, indicou a concelleira ribeirense de Promoción Económica, Carmen Pérez.

Nesta cuarta edición das xornadas colaboran PEFC Galicia, EspazoCoop e Fundación Ronsel, compartindo coñecementos, experiencias e recursos.

Este programa botou a andar no pasado mes de xuño cun total de 20 persoas participantes e combina formación teórica e práctica. O obxectivo é a mellora da empregabilidade das persoas dos concellos de Ribeira e O Porto do Son, onde o alumnado recibe formación no ámbito profesional de forestal e de produción de carpintería e moble.

Durante nove meses asisten ás especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble; Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; e Traballos de carpintería e moble.

A maiores da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras.

O dito obradoiro conta co apoio da Consellería de Emprego Comercio e Emigración, que aporta unha achega de 546.552 euros para esta iniciativa de emprego.

Outros artigos

Factoría de Subsistencia achega este venres un concerto en Outes

A Casa da Cultura de Outes vai acoller este venres 20 de novembro un concerto de Factoría de Subsistencia, banda galega liderada polo músico e actor Josito Porto e centrada no rock e o pop alternativos que ofrecerán ao público de Outes as cancións do seu novo traballo...

+

A Semana Musical de Noia celebra a súa 49ª edición

A Semana Musical de Noia vaise celebrar esta finde, entre este xoves 19 e o domingo 22 de novembro, con actuacións ás 20.30 horas no Coliseo Noela en todas as xornadas marcadas. A axenda, impulsada pola Coral Polifónica de Noia en colaboración co Concello e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.