Casares e os alcaldes de Boiro e A Pobra reclaman salvagardas para protexer o sector conserveiro galego da competencia desleal

19 Novembro 2026

O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares e os alcaldes de Boiro, José Ramón Romero ‘Martiño’, e da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, reclamaron esta mañá desde Bruxelas medidas de salvagarda para protexer o sector conserveiro galego nas negociacións dos acordos de libre comercio co sudeste asiático.

Durante o encontro, analizaron o impacto que os acordos con países como Filipinas, Indonesia e Tailandia poden ter no sector da conserva, especialmente da conserva de atún. Os representantes socialistas coincidiron na “necesidade de instar á Comisión Europea a protexer os miles de empregos e o futuro de comarcas costeiras enteiras que dependen dun sector clave para a soberanía alimentaria europea” e que non pode ser utilizado como “moeda de cambio” nestas negociacións, sinalaron.

Deste xeito, o eurodeputado e os alcaldes amosaron a súa preocupación polo impacto acumulado dos acordos comerciais con Filipinas, o recentemente acadado con Indonesia, e os que se están negociando con outros países como Tailandia, e reclamaron medidas de salvagarda para impedir un impacto negativo no sector galego da conserva.

Así mesmo, criticaron a falta de atención da Comisión Europea ás repercusións que estes acordos poden ter no sector da conserva de atún, tendo en conta o peso destes países na industria atuneira mundial. “Tailandia”, sinalaron, “é un dos principais produtores de conservas de atún, Indonesia destaca polo seu volume de capturas e Filipinas ocupa tamén unha posición relevante tanto na pesca como na produción conserveira”.

Por último, instaron á Comisión a “combater a competencia desleal derivada das diferenzas nas condicións de produción, entre elas a falta de ratificación de determinados convenios internacionais fundamentais en materia laboral, a aplicación de estándares sociais e ambientais menos esixentes e a existencia de prácticas de pesca ilegal, non declarada e non regulamentada”.

Outros artigos

Factoría de Subsistencia achega este venres un concerto en Outes

A Casa da Cultura de Outes vai acoller este venres 20 de novembro un concerto de Factoría de Subsistencia, banda galega liderada polo músico e actor Josito Porto e centrada no rock e o pop alternativos que ofrecerán ao público de Outes as cancións do seu novo traballo...

+

A Semana Musical de Noia celebra a súa 49ª edición

A Semana Musical de Noia vaise celebrar esta finde, entre este xoves 19 e o domingo 22 de novembro, con actuacións ás 20.30 horas no Coliseo Noela en todas as xornadas marcadas. A axenda, impulsada pola Coral Polifónica de Noia en colaboración co Concello e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.