A Casa da Cultura de Outes vai acoller este venres 20 de novembro un concerto de Factoría de Subsistencia, banda galega liderada polo músico e actor Josito Porto e centrada no rock e o pop alternativos que ofrecerán ao público de Outes as cancións do seu novo traballo discográfico, Respirando sempre.
Trátase do terceiro álbum de estudio da banda galega. Foi publicado a principios de 2024 e inclúe 9 temas de rock en galego gravados no Estudio Aldea Global con Pablo Vidal.
Será ás 21.30 horas na Casa da Cultura.




