A Xunta suma Boiro á Rede de Mercados Excelentes

18 Novembro 2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo Gabriel Alén, e polo alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e por outros membros do Goberno e da Corporación locais, entregou hoxe ao Concello o selo de Mercado Excelente para o seu Mercado Municipal. Convértese así na oitava praza de abastos de Galicia en obter este distintivo, tras as de Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Pontedeume, Carballo, Ribeira, Ponteareas e Tui.

Segundo o conselleiro, o selo “pon en valor o esforzo realizado para que as instalacións boirenses destaquen pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado”. Destacou as 21 praceiras e praceiros cos seus respectivos postos de venda que ofrecen unha ampla variedade de produtos frescos e de proximidade, como peixe, marisco, carne, froitas e verduras, pero tamén conservas, conxelados e flores, ou postos de arranxos de costura e hostalería.

Para confirmarse como referente de calidade, innovación e compromiso coa cidadanía, salientou que “a colaboración autonómica co Concello de Boiro permitirá levar o Mercado Municipal a un novo nivel”. En concreto, habilitarase un obradoiro destinado á elaboración, transformación e conservación de produtos; unha cociña aberta á cidadanía para a celebración de demostracións culinarias, formacións, eventos gastronómicos e accións de promoción dos produtos locais; e unha aula de entrada e dependencias auxiliares con zonas de almacenamento, vestiarios, lavado e outros servizos.

En palabras do titular de Emprego, “estas melloras redundarán tamén en beneficio da Rede de Mercados Excelentes de Galicia”, na que se prevé ter integradas un total de 25 prazas de abastos en 2030, ao remate do período que abrangue o Plan estratéxico do comercio 2025-2030. Así, o ano que vén seguirase ampliando a Rede co Plan de impulso específico de referencia e apostando tanto pola rehabilitación dos edificios ou instalacións dos mercados como pola súa dinamización.

Outros artigos

Preséntase a XXV edición dos Premios Mestre Mateo na Coruña

Será mañá xoves, 19 de novembro, cando a Academia Galega do Audiovisual abra as votacións da primeira rolda dos XXV Premios Mestre Mateo, nos que participan un total de 393 profesionais do sector audiovisual galego. Sinalar que a edición, que culminará coa gala do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.