O Local Social do Montiño, en Dodro, acolle este sábado o Certame Folclórico 2026

18 Novembro 2026

O encontro reunirá a oito agrupacións e artistas da música tradicional galega a partir das 18:00 horas e pecharase con sorteos e unha foliada libre aberta ao público.

Dodro. O Local Social do Montiño, situado na parroquia dodresa de San Xoán de Laíño (Imo), converterase este sábado 21 de novembro, a partir das 18:00 horas, nun punto de encontro para a música, o baile e a cultura tradicional galega coa celebración do Certame Folclórico 2026.

A cita está impulsada conxuntamente polo grupo folclórico Foliada do Montiño e a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño, dúas entidades que buscan dinamizar a vida cultural e asociativa da parroquia á vez que dan visibilidade ao labor dos colectivos que manteñen vivo o folclore do país.

O programa desta edición contará coas actuacións dunha ampla representación de formacións e intérpretes vinculados á tradición popular: Mocidade da Torre 83, A.F.C. O Pedrón, Amaiante, Os Mersenarios, Rosendo o Gaiteiro de Avión, A.C. Rosalía de Castro, Xodó, A.C. Arreixeira e os propios anfitrións de A Foliada do Montiño.

Alén das actuacións previstas no cartel, a organización realizará diferentes sorteos entre as persoas asistentes ao longo do evento. Como broche final á xornada, abrirase unha foliada libre na que poderá participar calquera persoa que desexe sumarse á festa tocando, bailando ou simplemente gozando do ambiente tradicional

Outros artigos

A Xunta suma Boiro á Rede de Mercados Excelentes

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo Gabriel Alén, e polo alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e por outros membros do Goberno e da Corporación locais, entregou hoxe ao Concello o selo de...

+

Preséntase a XXV edición dos Premios Mestre Mateo na Coruña

Será mañá xoves, 19 de novembro, cando a Academia Galega do Audiovisual abra as votacións da primeira rolda dos XXV Premios Mestre Mateo, nos que participan un total de 393 profesionais do sector audiovisual galego. Sinalar que a edición, que culminará coa gala do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.