O accidente rexistrouse minutos antes das 16:30 horas no quilómetro 234 da N-640R, en Baión, e foi unha persoa implicada a que contactou en primeira instancia co 112 Galicia, a través do sistema de aviso en caso de emerxencia do seu vehículo, o E-Call: dous camións e tres turismos acababan de chocar, e nese momento non podía confirmar se había persoas atrapadas.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilagarcía, Policía Local e Protección Civil de Vilanova, así como dos servizos de mantemento da estrada.
Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que había catro persoas feridas, liberadas e accesibles, que foron atendidas polo persoal sanitario.




