Con motivo da conmemoración do 25N, o Concello de Outes achegou unha completa programación de actividades de concienciación, a través do CIM (Centro de Información á Muller). A axenda comeza o 24 de novembro, coa representación da obra Golpes, ás 11.30 horas, peza teatral dirixida ao alumnado do IES Poeta Añón. Trátase dunha actuación concedida pola Consellería de Política Social e Igualdade no marco do acordo de colaboración coa FEGAMP. Celebrarase na Casa da Cultura de Outes.

O día 25 de novembro, mércores, habilitarase en horario de mañá (de 10.00 a 13.00 horas) un Punto Violeta, un espazo de información e sensibilización contra a violencias machistas con entrega de material. Trátase dunha actividade encadrada na campaña Na Procura dun camiño libre de Violencia de Xénero, abeirada ao Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero para o exercicio 2026.
Ás 12.30 do mércores celebrarase unha concentración polo 25N na porta da Casa da Cultura de Outes.
Dous días máis tarde, o 27 de novembro, desenvolverase o obradoiro Si ou Non, taller de prevención da violencia de xénero dirixido á entidade inclusiva local ADISBISMUR. Será impartido polo servizo de Igualdade do Concello de Outes.
O día 28 de novembro representarase Vitória, ás 20h, obra de teatro aberta a maiores de 12 anos. Será na Casa de Cultura de Outes e no marco da programación do Outono Teatral. Trátase dunha actividade encadrada no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
O 30 de novembro ás 15.30 horas celebrarase o obradoiro Non Esquecemos, un taller de prevención da violencia de xénero dirixido ao alumnado do Obradoiro de Memoria de Cando, a cargo do servizo de Igualdade do Concello de Outes.
Este obradoiro repetirase o 1 de decembro para o alumnado do Obradoiro de Memoria de Cruceiro de Roo (ás 11h) e o 1 de decembro para o Obradoiro de Memoria do Freixo (ás 10h).



