O Centro Social de Boiro acolle este domingo a proxección de As liñas discontinuas

13 Novembro 2026

No marco do Ciclo de Cinema Mestre Mateo organizado nos concellos pola Academia Galega de Audiovisual, o Centro Social de Boiro vai acoller este domingo 15 de novembro, a partir das 19.00 horas, a proxección dun dos grandes éxitos do cinema galego recente, As liñas discontinuas.

Trátase dun filme galego de drama e romance dirixido por Anxos Fazáns, estreado nos cinemas en febreiro de 2026. A historia parte dunha noticia real sobre un ladrón que quedou durmido na casa á que entrou a roubar.

Sinopse

Bea é unha produtora musical de 50 anos que atravesa un proceso de divorcio. O día no que ten que abandonar a vivenda na que pasou as últimas dúas décadas, atopa o piso revolto e a un dos ladróns durmindo na súa cama.

O rapaz chámase Denís, un mozo trans de 28 anos que sofre a precariedade laboral malia ter estudos universitarios. En lugar de chamar á policía, Bea decide falar con el e ambos acaban pasando tres días xuntos antes de retomaren os seus respectivos camiños.

Outros artigos

UCIN reclama arranxar o chan do Mercado Municipal de Boiro

UCIN Boiro emitiu un comunicado no que reclama arranxar o chan do Mercado Municipal, recentemente recoñecido como Mercado Excelente por parte da Xunta de Galicia, un mérito que a agrupación achaca aos praceiros e praceiras, "ao seu traballo diario, á súa dedicación e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

Han abandonado este mundo en contra de su voluntad, en momentos en que esperarían que su viaje transcurriera según los cánones, de suerte que llegaran a buen término. Sin embargo, no ha sido así, debido a que los responsables nacionales de los transportes no habían...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.