Este sábado 15 de novembro o Pavillón da Lomba (Bealo, Boiro) vai dar acollida ao Magosto de Bealo, unha festa gastronómica participativa que dará comezo ás 20.00 horas e que está organizada pola Asociación Cruceiro do Monxo de Bealo, coa colaboración do Concello de Boiro. Haberá castañas asadas, queimada, viños, chupitos, rosca e unha mesa con lambetadas para a rapazada. Trátase dunha festa aberta para veciños e visitantes.




