Este venres a borrasca Bruna perde forza, pero o aire frío manterá os chuvascos treboentos no sur e oeste ata a noite

12 Novembro 2026

A borrasca Bruna comezará a perder protagonismo este venres, 13 de novembro de 2026, San Leandro, ao ir perdendo forza progresivamente. Con todo, a persistencia de aire frío nas capas altas da atmosfera manterá a inestabilidade meteorolóxica tanto na área de Santiago de Compostela coma nas comarcas das Rías Baixas durante boa parte do día.

A xornada transcorrerá con ceos de intervalos nubrados, alternando momentos de maior nubosidade con tímidos claros. Rexistraranse chuvascos xeneralizados que volverán cobrar maior intensidade e frecuencia na metade sur e na franxa oeste da comunidade —afectando especialmente ás rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, así como ao Barbanza—, onde poderán vir acompañados localmente de aparello eléctrico. A situación tenderá a mellorar de xeito paulatino coa chegada da noite, momento no que as precipitacións irán remitindo.

No tocante ás temperaturas, non se agardan cambios significativos con respecto ás xornadas anteriores:

  • Santiago de Compostela e comarca: Mínimas arredor dos 10 °C e máximas que se situarán nos 14 °C ou 16 °C.
  • Rías Baixas (Muros-Noia, Barbanza, Arousa, Pontevedra e Vigo): Mínimas suaves entre os 11 °C e 13 °C e máximas que roldarán os 15 °C a 18 °C.

Pola súa banda, os ventos continuarán soprando de compoñente sur, con intensidade frouxa no interior pero manténdose moderados no litoral atlántico e nas zonas altas.

O noso mar:

Mapa dos sistemas frontais e a situación da borrasca Bruna sobre a base de satélite de Galicia:

Outros artigos

A Asociación Ambar presenta o seu Calendario 2027 no Cine Teatro Elma

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional levou a cabo hoxe a presentación oficial do seu Calendario Solidario 2027 no Cine Teatro Elma da Pobra do Caramiñal. Unha nova edición dedicada ó mundo do cinema e que, novamente, “busca visibilizar o talento...

+

O Rapants Club vaise de xira por seis salas españolas

A banda muradá The Rapants anunciou as seis primeiras datas da xira de salas coa que levará o seu cuarto LP (Rapants Club) por toda España en 2027. O percorrido arrancará o 8 de xaneiro na sala La López de Zaragoza, dentro do ciclo Inverfest, e pasará por Bilbao,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.