A Asociación A Gamela de Cabo celebra cunhas xornadas de esperanza e liberdade o seu 25 aniversario

12 Novembro 2026

A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela, con sede en Cabo de Cruz, vai celebrar esta fin de semana o seu 25 aniversario, no Centro Social de Cabo o venres e o sábado 13 e 14 de novembro. Farao coas Xornadas de Esperanza e Liberdade, que buscan conmemorar estes cinco lustros de andaina da entidade e reivindicar a cultura, as tradicións e a memoria mariñeiras.

A axenda incluirá proxeccións, coloquios, actividades mariñeiras e un encontro arredor da historia colectiva e compartida da xente a carón do mar.

Os actos arrancarán o venres 13 de novembro, ás 19:30 horas, coa proxección do documental A Campaña do Argus, seguida dun coloquio que permitirá compartir reflexións e experiencias arredor desta historia.

O sábado 14, a xornada dará comezo ás 10:00 horas coa chegada das persoas participantes.

A programación da mañá inclúe diferentes actividades como Mar feito palabra, a proxección dos 25 anos da asociación e o espazo-faladoiro Esperanza e Liberdade. Conversas na memoria. A axenda rematará cun xantar (previa inscrición)

Con esta celebración, a asociación Gamela quere reivindicar o valor do patrimonio cultural e inmaterial ligado ao mar, así como o traballo colectivo desenvolvido ao longo deste cuarto de século para manter vivas as tradicións mariñeiras e transmitir ás novas xeracións unha parte fundamental da identidade do Cabo da Cruz e da súa xente.

Outros artigos

A Asociación Ambar presenta o seu Calendario 2027 no Cine Teatro Elma

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional levou a cabo hoxe a presentación oficial do seu Calendario Solidario 2027 no Cine Teatro Elma da Pobra do Caramiñal. Unha nova edición dedicada ó mundo do cinema e que, novamente, “busca visibilizar o talento...

+

O Rapants Club vaise de xira por seis salas españolas

A banda muradá The Rapants anunciou as seis primeiras datas da xira de salas coa que levará o seu cuarto LP (Rapants Club) por toda España en 2027. O percorrido arrancará o 8 de xaneiro na sala La López de Zaragoza, dentro do ciclo Inverfest, e pasará por Bilbao,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.