UCIN reclama arranxar o chan do Mercado Municipal de Boiro

13 Novembro 2026

UCIN Boiro emitiu un comunicado no que reclama arranxar o chan do Mercado Municipal, recentemente recoñecido como Mercado Excelente por parte da Xunta de Galicia, un mérito que a agrupación achaca aos praceiros e praceiras, “ao seu traballo diario, á súa dedicación e á calidade dos produtos de primeira que se ofrecen nos diferentes postos do Mercado, que fan que Boiro teña unha praza de referencia”, indican.

Pola contra, sinalan que as instalacións son moi mellorábeis, e que o Goberno local ten que arranxar de urxencia “o pavimento deteriorado e escorregadizo, que está a provocar numerosas caídas, algunhas graves, e reclamacións”. Tamén denuncian que a praza non conte cun encargado. “A isto”, din, “súmanse as humidades e as entradas de auga nos postos, que os praceiros e praceiras sofren no seu día a día”. E engaden: “Os praceiros e praceiras merecen unhas instalacións á altura do seu traballo, e non unha praza que se anuncia como excelente cun chan perigoso”.

Reclamacións de UCIN

· Priorizar a reparación do pavimento ou un tratamento antiesvarante antes de calquera outra actuación.

· Cubrir de inmediato o posto de encargado do mercado, unha figura imprescindíbel para o bo funcionamento da praza.

· Solucionar as humidades e as entradas de auga nos postos.

· Arranxar a porta avariada do acceso.

· Facer público o número de caídas e reclamacións rexistradas e as medidas previstas.

· Escoitar os praceiros e praceiras sobre as melloras que necesita a praza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

Han abandonado este mundo en contra de su voluntad, en momentos en que esperarían que su viaje transcurriera según los cánones, de suerte que llegaran a buen término. Sin embargo, no ha sido así, debido a que los responsables nacionales de los transportes no habían...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.