Ribeira prepárase para vivir unha nova edición do Magosto Popular do BNG

05 Novembro 2026

O BNG celebrará este venres, 6 de novembro, unha nova edición do seu tradicional Magosto Popular, unha cita aberta a toda a veciñanza que terá lugar na praza do Concello de Ribeira a partir das 19.00 horas. A formación nacionalista anima a participar nesta celebración, que, segundo lembra o grupo, “combina tradición, música e diversión e que busca converterse nun punto de encontro para persoas de todas as idades”.

O responsábel local do BNG, Rafa Pazos, destacou que esta iniciativa pretende contribuír a dinamizar o outono cunha das tradicións galegas máis destacadas e fortalecer os vínculos entre a veciñanza: “Queremos compartir unha xornada de festa, convivencia e participación veciñal arredor dun dos costumes máis arraigados da nosa cultura popular como son os magostos”, sinalou.

Pazos incidiu tamén na importancia de promover actividades que dean vida aos espazos públicos e favorezan o encontro entre as persoas. “Este tipo de celebracións permiten dinamizar as nosas rúas e prazas e, sobre todo, facer comunidade. É unha oportunidade para xuntarnos, falar e gozar da compañía dos nosos veciños e veciñas”, engadiu.

Pola súa banda, a vicerresponsábel local, Xana Ledo, explicou que o BNG preparou un programa de actividades pensado para todos os públicos, no que non faltarán a música, os xogos populares, as castañas e a tradicional queimada.

A programación arrancará ás 19.00 horas coa música de DJ Jalaiko e os xogos populares, para que pequenos e maiores poidan participar e gozar da festa. Ás 20.00 horas comezará o reparto gratuíto de castañas, acompañado dunha breve intervención do exalcalde e portavoz Luís Pérez Barral. Posteriormente, ás 21.30 horas, celebrarase a queimada popular, co seu correspondente conxuro a cargo de Nando Llon. A festa continuará ás 22.00 horas coa actuación musical do Dúo Keima.

Xana Ledo animou a toda a veciñanza a achegarse á Praza do Concello e participar nesta celebración: “Temos preparada unha tarde-noite completa, con propostas para diferentes idades e gustos. Queremos que a xente veña coa familia, convide as amizades e comparta con nós unha festa na que o importante é pasalo ben e gozar xuntos”.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.