O Concello do Porto do Son impulsou co novo curso unha nova actividade de bailoterapia para persoas maiores de 60 anos e pensionistas de máis de 55: unha proposta de dinamización que busca mellorar a autonomía da veciñanza, combater o sedentarismo e, tamén, fomentar o envellecemento activo.
Estes son os horarios:
Os luns no Polideportivo de Santa Irene no Porto do Son · 17:15 h
Os martes na Casa da Cultura de Xuño · 17:15 h
Os mércores na Casa da Cultura de Portosín · 17:15 h
Os xoves na Casa da Cultura en San Pedro · 17:15 h
As inscricións están xestionadas pola Concellería de Deportes e Benestar Social. As solicitudes pódense presentar directamente entregando o modelo ao monitor ou contactando co departamento de Deportes (981 76 75 89 / deportesdoson@gmail.com).




