Exposicións, obradoiros de sexualidade e teatro integran a axenda de Rianxo

19 Outubro 2026

O Concello de Rianxo, a través da área municipal de Cultura, compartiu a axenda cultural para estas dúas semanas que restan do mes de outubro e para os primeiros días de novembro. Haberá exposicións, un obradoiro sobre sexualidade, teatro e exposicións.

Exposición Cores da vida

Entre o 12 de outubro e o 5 de novembro veciños e visitantes poderán visitar no Auditorio de Rianxo a mostra Cores de Vida, formada por óleos de Gislene de Oliveira da Silva. O horario é dos luns é de 10.00 a 14.00 h e de martes a sábado de 11.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h.

Obradoiro sobre sexualidade con BarbanTEA

Este venres 23 de outubro celebrarase un obradoiro formativo encadrado no programa Tardea con BarbanTEA. Trátase da actividade divulgativa O mapa da túa sexualidade, que contará coa presenza da experta Laura Veiga. Organiza a asociación inclusiva BarbanTEA e colaboran o Concello de Rianxo e a Fundación “La Caixa”. Desenvolverase en horario de 19.00 a 20.30 h no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Vai destinado a rapazas e rapaces de idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos.

Teatro: Reconversión

A compañía Ibuprofeno Teatro vai representar en Rianxo a obra Reconversión. Será o sábado 24 de outubro ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Está recomendada para maiores de 14 anos. A duración será de 100 minutos. A entrada é de balde ata completar a capacidade (con recollida de convites desde unha hora antes do comezo da función, cun máximo de dous convites por persoa).

Reconversión é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.

Organiza o Concello de Rianxo, ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Exposición sobre Virxinia Pereira

Ademais, a exposición Virxinia Pereira. Dez voltas na vida poderá visitarse ata o 30 de xaneiro de 2027.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.