Mares da Fin do Mundo puxo o foco nas consecuencias das guerras e do cambio climático na súa 3ª xornada de proxeccións

17 Outubro 2026

Este venres, 16 de outubro, desenvolveuse a terceira xornada da I Mostra Mares da Fin do Mundo, que se está a celebrar no concello de Rianxo ata o domingo 18. A xornada deu comezo coa proxección dun novo bloque de Competición Oficial, no que se proxectaron tres filmes. En Agridoce, de Carmen Tofeni (Portugal, Romanía, Bélxica, Hungría, 2025), un mariñeiro de idade avanzada reflexiona sobre os perigos que o cambio climático supón para as vindeiras xeracións, nunha comunidade costeira moldeada pola forza da auga.

O segundo filme deste bloque foi Free Fish, de Bisan Owda (Palestina, Portugal, 2025), que retrata a vida baixo o bloqueo de Gaza a través da historia de dous irmáns unidos polo mar pero separados polo desprazamento, un mar que antes representaba un horizonte de liberdade e que agora está ocupado e convertido en arma.

Pechou este primeiro bloque do día 32 ans á bord, de Naomi Goldziuk (Francia, 2025), que narra o día a día de catro mariñeiros nun arrastreiro de altura, traballando día e noite ao ritmo palpitante das máquinas e do mar. Pola noite, durante as horas de garda, as súas mentes divagan nun punto intermedio entre a procura de liberdade e a fatalidade social.

Os asistentes á mostra contaron coa presenza de Naomi Goldziuk, quen presentou 32 ans á bord e tivo oportunidade de participar no coloquio posterior co público.

Como peche desta terceira xornada da Mostra, o público asistiu ao cuarto bloque de Competición Oficial, coa proxección de tres novos filmes. Chuuraa, de Evgenia Arbugaeva (Reino Unido, 2026), está ambientada no remoto Ártico siberiano, onde un científico indíxena sakha descende ás profundidades do permafrost en proceso de desxeo na procura dunha criatura ancestral, adentrándose por perigosas covas ata chegar ao mítico reino do inframundo.

La Mar, de Jean Chapiro (México), viaxa ata El Bosque, unha pequena comunidade pesqueira da costa de Tabasco que está a desaparecer engulida lentamente polo mar. Durante anos, Guadalupe Cobos, pescadora e activista, liderou a súa comunidade nun esforzo por facerse escoitar e conseguir un realoxo antes de que o océano leve o pouco que queda. Pechou a xornada Mare Sapiens, de Aurélie Darbouret e Jeff Silva (Francia, 2026), unha obra que, filmada integramente baixo a auga na baía de Marsella, revela un mundo mergullado onde a presenza humana e a vida mariña se entrelazan e chocan. Os directores de Mare Sapiens estiveron presentes en Rianxo presentando o seu filme e partillando co público asistente no coloquio posterior.

A Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.