“Guía básica de galeguización empresarial”. Xosé González Martínez

12 Outubro 2026

O Foro E. Peinador cumpríu 25 anos de actividades ininterrompidas para artellarmos o
discurso da galeguidade empresarial con notabres resultados A súa constitución foi a
continuidade dun labor emprendido pola Asociación de Funcionarios/as para
Normalización Lingúística. Era unha necesidade para galeguizar o amplo espectro social
do país. A literatura foi incapaz de tender pontes con eses sectores sociais que vivían
noutra realidade paralela. Os protagonistas da creación literario asumiran un papel para o
que non estaban preparados, de aí o seu fracaso. O que tiña que ser un obxectivo global
acabou por convertese nun mérito persoal. No eido educativo, a teor dos resultados
estatísticos, é evidente tamén a incapacidade dos docentes.
Os primeiros movementos para establecer un diálogo entre a lingua galega e a economía,
nomeadamente os empresarios, empezou en 1989. Cómpre lembrar que foi a partir dese
ano cando se produciron os primeiros achegamentos sendo a empresa de transportes de
viaxeiros Castromil a que máis salientou pola espectacular asunción no réxime interno e
proxección pública da lingua galega entre os viaxeiros.
Non debemos esquecer outras marcas como Electrodomésticos Sanluís, que durante
unha década despregou campañas publicitarias en todos os medios de comunicación; os
Supermercados Vego, que empezaran a introducir a lingua galega nas referencia
comerciais nos tickes de compras e nos millóns de folletos publicitarios destinados ao
buzoneo semanal nos edificios das grandes cidades, divulgando en lingua galega as
denominacións das ofertas; e Seguros La Fe, unha empresa de decesos que artellou un
programa de galeguización empresarial coa participación de coñecidos intelectuais que
exerceron o seu maxisterio nos cursos de formación impartidos nas oficinas da sociedade
en horas laborais que se repetiron axiña nas grandes empresas construtoras Malvar e
Covsa, de Pontevedra, que chegaron a contar con senllas filológas.
A progresión da presenza do galego no sector industrial tamén foi decisiva coa
incorporación do Estaleiro HJ.Barreras, Celtic Estores, Seguridade A-1, Itelsis e RLA
Rodríguez López Auto, entre outras empresas.
Capítulo aparte foi o labor desenvolvido no sector agroalimentario onde o Foro E.
Peinador fomentou o uso da nosa lingua na etiquetaxe de botellas e envases de produtos
diversos, dando lugar a unha organización específica denominada Irmandade de
Agroalimentarios e Adegueiros. Hoxe podemos afirmar qui hai ao pé de duascentas
marcas comerciais que etiquetan no noso idioma, salientando o 80% do leite e viño. No
sector da alimentación aprézase unha avance da presenza do galego nalgunhas cadeas
de supermercados.
Desde hai dous anos o Foro E. Peinador ten un acordo de colaboración coa Deputación
de Pontevedra para estimular o uso da lingua galega en diversos ámbitos, entre eles o
socioeconómico. A colaboración da Secretaría Xeral da Lingua Galega da Xunta de
Galicia tamén axuda a este propósito.

O próximo día 15 presentaremos nun acto público na sede desta institución provincial en
Vigo a “Guía Básica de galeguización empresarial”. Nela expoñemos as referencias legais
para que as empresas incorporen a lingua galega nas súas actividades ao abeiro dos
ordenamentos xurídicos xurídicos europeo, estatal e galego.
As medidas que se propoñen teñen en conta ás peculiaridades propias dos negocios e
empresas, para que non haxa ningunha excusa para marxinar o noso idioma das páxinas
webs, na sinalética, na telefonía, nas nóminas e contratación laboral, incluídas as
cláusulas dos dereitos lingísticos de traballadores e consumidores,etc.
A perivivencia da lingua galega depende da súa presenza en todas as esferas da vida
social, económica e nas institucións públicas. O compromiso con esta tarefa esténdese
tamén ao ámbito familiar.
*Presidente Foro E. Peinador.

Outros artigos

“La justicia no necesita espectadores” – José Antonio Constenla

El Pentágono ha anunciado su intención de retransmitir la ejecución de Nidal Hasan, exmayor del Ejército estadounidense y médico militar convertido en terrorista islamista, condenado por asesinar en noviembre de 2009, en Fort Hood (Texas), a trece personas y herir a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Gustaríalle ser e non ser”. Luís Celeiro

“Gustaríalle ser e non ser”. Luís Celeiro

Estaba colocado ou colgado dunha nube, ao lado mesmo da sarabiada que empezaba a caer e quenon parecía máis pequena que as que caeran anteriormente, na semana pasada e nas de días atrás.O home non sabe o que quere facer, está desgustado polos aconteceres e polos...

“¿Fascistas por peregrinar?” . José Antonio Constenla

“¿Fascistas por peregrinar?” . José Antonio Constenla

Hay escenas que dejan un sabor amargo. Esta es una de ellas. El pasado sábado, cerca de doscientas personas procedentes de 23 centros penitenciarios españoles llegaron a Santiago después de recorrer el Camino. Junto a ellos caminaban funcionarios y voluntarios de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.