“Gaza; o lugar do mundo con maior proporción de nenos amputados”. Antón Luaces

12 Outubro 2026

Cúmprense tres anos de guerra en Gaza. Tres anos de dór permanente. Tres anos de jnfancias roubadas. Unha xeración de gazatís perdida grazas ao potencial armamentístico de Israel e Estadios Unidos de América, ambos os dous dirixidos por quen rexeitan as acusacións de xenocidio que lles dirixen países que, como España, non aceptan esa masacre arteramente perpetrada diante do silencio de nacións -como Alemaña- que tanto aportaron nos anos 40 do século pasado ao incremento constante das listaxes de xudeos inxustamente axusticiados. Son agora os descendentes  de aqueles aos que os nazis queimaron vivos en fornos os que levan a cabo o exterminio de gazatís de calquera idade, especialmente cativos.

Desde que comezara esta guerra tamén silenciada da que nen Israel nen USA queren falar e que non remata, máis de 58.000 nenos resultaron feridos e 1.500 padeceron os efectos das amputacións. Outros 44.000 resultaron feridos. E Israel, coa inapreciábel colaboración de USA, seguen nas súas: teñen medios sobrados para desfaceren aquilo que o home fixo nesa terra en toda a súa historia (que non é curta).

Coa educación interrompida apòs a destrucción das escolas polos bombardeos, distintas organizacións humanitarias facilitan espacios educativos temporais para a aprendjzaxe en entornos máis ou menos seguros nos que nenas e nenos poden seguir aprendendo e contando con lugares onde poderen relacionarse con outros cativos.

Estes espacios son moito máis ca aulas: son lugares nos que se recuperar aínda que sexa temporalmente, parte da infancia que lle está a roubar a guerra. 

A miña xeración viviu en España as consecuencias da incivil guerra que enfrontou directamente e centos de familias. Asemade vivimos durante anos as consecuencias da represión. En gabias e cavorcos, en leiras desde aquel tempo nunca aradas e cemiterios esquecidos, milleiros de españois abonan cos seus ósos unha terra que aínda hoxe a uns e outros nos doe. E Trump e Netanyahu din non comprender que España, a través do seu presidente, se negue a formar parte desa guerra que, en Gaza, aínda continúa a provocar mortes sen sentido.                     

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Gustaríalle ser e non ser”. Luís Celeiro

“Gustaríalle ser e non ser”. Luís Celeiro

Estaba colocado ou colgado dunha nube, ao lado mesmo da sarabiada que empezaba a caer e quenon parecía máis pequena que as que caeran anteriormente, na semana pasada e nas de días atrás.O home non sabe o que quere facer, está desgustado polos aconteceres e polos...

“¿Fascistas por peregrinar?” . José Antonio Constenla

“¿Fascistas por peregrinar?” . José Antonio Constenla

Hay escenas que dejan un sabor amargo. Esta es una de ellas. El pasado sábado, cerca de doscientas personas procedentes de 23 centros penitenciarios españoles llegaron a Santiago después de recorrer el Camino. Junto a ellos caminaban funcionarios y voluntarios de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.