María Sampedro inaugura a mostra colectiva Camiño da arte que pon o foco no talento barbanzán

10 Outubro 2026

Unha vintena de artistas barbanzáns emprenden xuntos o Camiño da arte, a quinta edición dunha mostra colectiva que posibilita desfrutar do seu talento do 9 de outubro ao 14 de novembro, no Centro Cultural Lustres Rivas.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, manifestou que son “cinco anos espallando arte, espallando talento, espallando cultura. Un percorrido que emprenderon xuntos estes creadores de Ribeira e da contorna, tanto noveis coma consagrados, e que ten como meta esta instalación cultural para facernos partícipes do seu bo facer”.

Comisariada pola artista Goretti Bello e polo xestor cultural municipal, Unai González, o resultado son 37 obras onde se atopan óleos, acrílicos, acuarelas, pasteis ou, incluso, vidro.

“Esta variedade de temáticas exemplifica tamén a heteroxeneidade do grupo de creadores dos que podemos desfrutar nesta exhibición. Unha vez máis constátase que a cultura sirve para tecer pontes e que, das sinerxías, saen resultados así de fermosos”, declarou a rexedora.

A dita iniciativa ao redor do mundo da arte xurdiu no 2021 nos comercios para ir evolucionando co tempo ata ser de carácter bianual e levarse exclusivamente ao Lustres Rivas.

O público asistente puido levar cadanseu catálogo editado polo Concello de Ribeira, cunha tirada de 300 exemplares. A sala permanece aberta de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, así como os sábados, dende as 10.00 ata as 14.00 horas.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Sábado de tempo seco e suave, con predominio do sol e néboas matinais

Galicia manterá este sábado unha xornada marcada pola influencia anticiclónica, o que garantirá un ambiente xeralmente estable e seco en toda a comunidade. O día comezará coa habitual presenza de bancos de néboa matinais no interior, que irán disipándose a medida que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xosé Manuel Beiras xa é do mundo de todos” – Antón Luaces

“Xosé Manuel Beiras xa é do mundo de todos” – Antón Luaces

Despedíase o decenio dos 60 do século pasado cando coñecín persoalmente a Xosé Manuel Beiras, con quen -anos máis tarde e especialmente no Parlamento de Galicia- mantiven estreita conexión.  O contacto entre ambos os dous comezou coa xeira de conferencias que o...

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.