A Xanela do Maxín recala en Ribeira co espectáculo infantil “O Monstro de Cores”

24 Setembro 2026

O Concello de Ribeira continúa a debullar a programación dos vindeiros meses e ven de anunciar unha nova proposta infantil e familiar para finais do mes de xaneiro. Trátase de O Monstro de Cores, da compañía A Xanela do Maxín, un espectáculo teatral de monicreques inspirado no popular libro de Anna Llenas, que busca explorar os diferentes sentimentos como a alegría, a tristura, o medo, a ira e a calma a través das cores, a música e o xogo.

A representación terá lugar o sábado, 30 de xaneiro, Día Mundial Escolar da Paz, ás 17.00 horas, no Auditorio Municipal e vén precedida dun éxito de público e acollida naquelas localidades nas que a súa xira fixo parada.

Segundo indicou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, “esta proposta súmase a outras xa presentadas coa intención de conformar unha oferta cultural completa e atractiva para todos os públicos durante este próximo inverno no Auditorio Municipal”.

Ademais, engadiu, o espectáculo “permite afondar na educación emocional dende idades temperás a través dunha linguaxe escénica sinxela e moi visual”.

As entradas comezarán a venderse o vindeiro luns, 28 de setembro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase simultaneamente tanto de maneira online en ataquilla.com como presencial na Oficina de Atención Cidadá do Concello. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, só con tarxeta bancaria. O prezo sitúase nos 9 euros para a venda anticipada máis gastos de xestión, e nos 10 euros se se merca na billeteira física do propio auditorio, dende unha hora antes o día da representación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.