Satisfacción en Stop Desahucios Barbanza por un auto xudicial a favor dunha familia de Padrón en risco de desafiuzamento

09 Xuño 2020

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de expresar a súa satisfacción pola recente decisión do xulgado de primeira instancia en instrución número 2 de Padrón en relación a unha execución hipotecaria promovida polo Banco Santander contra unha familia do concello en situación de risco. Segundo o auto xudicial, varias cláusulas (as relativas ás comisións por reclamación, gastos a cargo da parte prestataria, intereses moratorios, vencemento anticipado do préstamo, etc) incluídas na escritura de constitución do préstamo con garantía hipotecaria “resultaban abusivas”.

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza destacou no seu comunicado o feito de que haxa xulgados que “actúen de oficio, como establece o artigo 552 da LEC, para revisar as cláusulas abusivas das escrituras de constitución dos préstamos con garantía hipotecaria e declaren a nulidade das actuacións así como o sobresemento das execucións”.

A entidade que coordinada o ribeirense José Manuel Pena salienta o alivio que recibiu a familia padronesa, que, trala dita resolución xudicial, “pode respirar tranquila porque xa se vía moi próxima a un posíbel desafiuzamento, cando tamén pretendía negociar un aluguer social para seguir residindo na súa vivenda habitual”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.