Este xoves 4 remata o prazo para inscribirnos no curso de operador de carretilla elevadora do Son

04 Xuño 2020

O Concello de Porto do Son mantén aberto até este xoves 4 de xuño (incluído) prazo de inscrición para o seu Curso de Operador/a de Carretilla Elevadora, que se celebra finalmente o venres 3 de xullo (con horario de 9.30 a 13.30 horas) e o sábado 4 de xullo (con horario de 9.00 a 15.00 horas). As inscricións poden facerse aínda a través da Sede Electrónica do Concello ou ben mediante o enderezo electrónico jose.pazo@portodoson.gal.

O curso, dunha decena de prazas, é de balde e está destinado a persoas empadroadas no termo municipal de Porto do Son. O Concello lembra que a obtención do carné de operadora ou operador de carretillas elevadoras require a asistencia a todas a xornadas da actividade formativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.