Dito queda: e non cadrarán na mesma xornada as eleccións xerais coas autonómicas e as municipais.
Pedro Sánchez, presidente do Goberno, que fala -entre outros idiomas- inglés (o aspirante a relevalo, Núñez Feijoo, non o fala porque, dixo nun coñecido programa da televisión, estudara nun colexio rural) tentou rematar con esta información a polémica existente en España en torno á posibilidade de que se produzan eleccións anticipadas dada a inestabilidade numérica que ao Executivo aportan os partidos que o apoian e que -non podería ser doutro xeito- tampouco aseguran a maioría nas votacións que se promovan no Congreso dos Deputados.
Xunto cos líderes dos 27 países que integran a Unión Europea, Sánchez asistiu en Bruxelas ao cumio da UE, o que lle permitiu “palpar” o ambiente comunitario e o grao de aprobación -que non precisa obviamente para seguir gobernando en España- que esta situación suscita.,
A polémica xurdiu o xoves cando os xornaljstas preguntaron a Pedro Sánchez se convocará eleccións no caso de que o Congreso tombara os orzamentos xerais do Estado que o propio presidente do Goberno anunciara esta semana serían presentados en 2026. Sánchrx negociará cos distintos grupos parlamentarios e, de non acadar o apoio necesario para a aprobación dos mesmos, tomará decisións “cando se produzan esas hipóteses”. En calquera circunstancia, o adianto electoral nos levaría ao ano 2027, cando de feito xa están previstas as xerais.
Tal adianto electoral é insistentemente reclamado tanto polo PP coma por VOX e,sotto voce, por outros partidos minoritarios que, coma o PNV, ERC, etc., coidan que Pedro Sánchez debe adiantar as eleccións xerais no caso de non prosperar a presentación dos orzamentos.



