31 maio: Galicia rexistra un total de 732 casos activos por coronavirus. Non houbo vitimas mortais

31 Maio 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 732, deles 167 son da área da Coruña, 41 da de Lugo, 75 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 266 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 4 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 695 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.958 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos.

 O número de PCR realizadas é de 142.755.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes. Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.