“Non está mal saber que protexéndonos, protexemos: para termos en conta” – Antón Luaces

03 Xuño 2026

Hoxe, mércores, temos un motivo para subir un grao o optimismo: o obxectivo é protexer o que nos protexe. E con este xogo de palabras que recolle un feito de verbas, poderemos entre todos facer realidade o que, polo de agora,  non é outra cousa ca un intento de mudar a realidade desa especie de mundo aparte (que non alleo) que habita entre as paredes dos centros médicos de atención primaria e todo o que integra a relativamente grande, inmensa vida dos hospitais que integran o SERGAS con tódolos seus defectos e virtudes.

“Protexamos o que nos protexe”, logo. E así iremos polo camiño do ben común, conscientes do que temos e do que estamos a tirar polos sumidoiros.

Porque hoxe entra en vigor un consello que é, á vez, unha demanda que só poden ser bos en tanto que, coma galegos, asumamos a nosa responsabilidade apegada ao feito de vivir nesta terra: tanto a poboación coma os profesionais tiraremos proveito de todo o complexo entramado sanitario da nosa terra que pagamos cos nosos cartos e que está – ou debera estar – a dispor de todos e cada un de nós. 

Como?. Por exemplo, anulando aquelas citas ás que non  poidamos acudir ou botando man do servizo de urxencias só cando en verdade o consideremos necesario e non, por exemplo, cando a compañía privada de seguros nos diga que vaiamos directamente a urxencias do SERGAS porque na súa consulta xa non teñen nada que facer. 

Si, para isto serve, en moitos casos, un servizo de urxencias hospitalarias que pagamos tódolos galegos para beneficio de bancos e outras entidades financeiras que se lucran da medicina pública-privada que dicimos se complementan na atención ao doente.

Durante o ano pasado realizáronse máis dun millón cen mil consultas das que os solicitantes destas non acadaron consulta por non teren acudido á cita preestablecida. 

É certo que as citas hospitalarias acostuman darse con moito tempo. E unhas veces por despiste e outras por esquecemento debido á demora, ás veces mesmo porque non se pode facer a través  da aplicación móbil, o caso é que a devandita atención queda sen prestar e o servizo EN AGARDA.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.