O Concello de Boiro recupera o trofeo no que participan os clubs de fútbol do municipio

21 Maio 2026

O Concello de Boiro recupera o vindeiro sábado 30 de maio o Trofeo Concello de Boiro no que van participar todos os clubs de fútbol do municipio. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou este xoves 21 de maio na presentación xunto cos representantes de todos os clubs.

O trofeo celebrarase o vindeiro sábado 30 de maio nunha xornada única, pola mañá a eliminatoria previa a partir das 11.30 horas e, pola tarde, terán lugar as semifinais nas que xogarán o CD Boiro contra o mellor perdedor da eliminatoria e ás 18.00 horas os dous gañadores da eliminatoria. A final terá lugar ás 19.30 horas.

“Este trofeo está pensado como unha festa de todos os equipos de fútbol de Boiro para celebrar o fin da tempada”, afirmou Marcos Martínez. En representación dos clubs, David Rodríguez, recoñeceu que esta iniciativa “serve como unión de todo o fútbol boirense, independentemente da categoría na que xogan”.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a iniciativa do CD Boiro por recuperar este trofeo que serve “como festa de clausura e recoñecemento da tempada que remata”.

O prezo da entrada é de cinco euros e a recadación será doada a entidades sociais do municipio.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...