
Non importa a nacionalidade, obvian os motivos polos que países terceiros manteñen en pé a necesidade de axudar a Gaza e castigan con duras accións militares a aqueles que contraveñen os seus plans de arrasar Palestina, Líbano, Irán e a quen se lles poña por diante. O Gran Israel ten raiceiras no presente e o inmediato futuro dun estado (Israel) conformado a consecuencia dunha guerra mundial (a segunda) na que, por mor dunha mente (a de Hitler) moi semellante á de Netanyahu, millóns de xudeus perderon a vida. Outros moitos milleiros de palestinos e dos países de Oriente Medio, pagan desde 1967 con sucesivas guerras aquelas mortes de xudeus e a decisión dos países aliados de recoñecer o estado de Israel pouco despois de rematada a II Guerra Mundial: Israel está a facer con Oriente Medio o que a Alemaña de Hitler fixera anos antes co pobo xudeu radicado en territorio alemá.
Manda e dcta, actúa con ou sen axuda dos Estados Unidos de América e, sobor todo, sen que o atolondramento do goberno Trump poña unha mínima oposición a ese vitimario no que se integran nenos, mulleres e inocentes civís que “pasaban por alí” cando alguén puxo en marcha a máquina da destrución total de boa parte da historia mundial. E Donald Trump semella ignoralo, por máis que o mundo pida e chore polas vítimas.
O Estreito de Trump -ata o de agora de Ormuz- é un referente, coa desculpa de que Irán pode dispor de armas nucleares, unha xustificación xa empregada en Iraq polos EUA. E ven de lle servir a Israel para que o seu exército, convertido nunha armada pirata desembarcara o venres nas costas de Grecia a 168 integrantes da frotiña internacional que, doutra volta, tenta levar axuda á poboación de Gaza.
Entre estes trasladados a Grfecua non figuran un hispano-palestinom e unn brasileirfto acusados de seren sospeitosos de afiliación a organización terrorista, o primeiro, e de desenvolver actividade ilegal, o segundo. Ambos os dous serán trasladados por mar a territorio israelí para seren interrogados.
Fracturas diversas, hematomas e outros vestixios notábeis falan nidiamente de malos tratos, algo que o goberno israelí pasa por alto ostensiblemente, malia saber que 34 dos detidos precisaron de atención médica.
Ata cando e por que as poboacións que integran o Oriente Medio teñen que se ver sometidas ao poder conxunto de dous países convertidos en xendarmes interesados no ser ou non ser desas terras que non son súas?.



