Todo listo en Boiro para a celebración da nova entrega do “Fálame sempre”, este xoves

22 Abril 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) organiza este xoves 23 de abril unha nova edición de Fálame Sempre, o seu encontro anual arredor da creatividade e a innovación empresarial, que nesta ocasión estará centrado no emprendemento feminino.

O evento será no salón de actos da ABE ás 20:45 horas, cun aforo limitado a 100 persoas e carácter aberto ao público mediante inscrición previa.

Esta 12ª edición xorde como continuidade á recente presentación do libro Mans que teceron futuro, de Antón Rodríguez Gallardo, unha obra que pon en valor o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento económico e social de Boiro.

A través deste encontro, a ABE busca trasladar ese recoñecemento ao presente, dando visibilidade a experiencias reais de mulleres emprendedoras e reforzando o seu compromiso coa igualdade e co fortalecemento do tecido empresarial local.

O evento estará presentado por Alberto García e Natalia Carou e manterá o formato dinámico Pecha Kucha, baseado en intervencións breves e visuais de menos de sete minutos, estruturadas en 20 imaxes con 20 segundos de duración cada unha.

Nesta edición participarán cinco proxectos liderados por mulleres con traxectorias diversas:

Vanesa Hermo, fundadora de Acento Homes, especializada en preparar vivendas para a súa venda ou alugueiro a través da creación de conexión emocional cos compradores.

Maitane Vicente, promotora de ULA Libraría Social, un espazo cultural na Serra de Outes que combina libraría, programación sociocultural e intervención comunitaria.

Nuska Chousa, creadora do proxecto Alma da Vella Chousa, centrado na divulgación da cultura e tradición rural a través das redes sociais.

Ramona Pouso e Alicia Regueira, de Frutas Reyjosa, empresa familiar con máis de 50 anos de traxectoria no sector da alimentación e floraría.

Lola Castro e María Abuín, de A de Lola, negocio tradicional de proximidade con máis de seis décadas de historia.

Con esta proposta, a ABE continúa apostando por formatos innovadores que fomentan o intercambio de experiencias e a inspiración empresarial, ao tempo que promove referentes próximos que contribúan a construír un ecosistema máis diverso, inclusivo e dinámico.

Programa do acto

Apertura

Intervención de Daniel García, presidente da ABE

Presentación do evento

Alberto García e Natalia Carou

Intervencións dos relatores

Vanesa Hermo – Acento Homes

Maitane Vicente – ULA Libraría Social

Nuska Chousa – Alma da Vella Chousa

Ramona Pouso / Alicia Regueira – Frutas Reyjosa

Lola Castro / María Abuín – A de Lola

Peche institucional

Intervención de José Ramón Romero, alcalde de Boiro

    Outros artigos

    Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

    A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

    +

    ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

    ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “El verdadero líder”. Alberto Barciela

    “El verdadero líder”. Alberto Barciela

    ​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...